Saturday 18 de May de 2024

O concello convoca unha reunión dos propietarios do polígono de Xarás


O Concello de Riveira informa de que na tarde de martes (19 horas) o Consistorio local vai ser escenario dunha reunión á que están chamados todos os propietarios do polígono industrial de Xarás.

Dita xuntanza foi convocada polo Concello a instancias do presidente da Asociación de Empresarios de Riveira, Antonio Miranda, ante a necesidade de abordar distintos asuntos como a ordenación viaria, a seguridade ou a limpeza.

Comunidade de propietarios
Un dos temas que se porán sobre a mesa será a eventual constitución dunha comunidade de propietarios no polígono de Xarás a modo de entidade de xestión que vele polo bo funcionamento da área afectada e fomente a colaboración público-privada cara a súa dinamización.